38
A sede da Deputación da Coruña ilumínase de verde as noites desta fin de semana, sumándose á campaña #LuzPorlaELA que promove a Asociación Galega de Esclerose Lateral Amiotrófica do Día Mundial desta doenza, que se conmemora o 21 de xuño.
Xunto con centos de edificios e monumentos de toda España, as fachadas do Pazo Provincial coruñés e o Teatro Colón ilumínanse de verde para mostrar apoio da Deputación ás persoas afectadas por ELA e axudar a visibilizar a enfermidade, concienciando á sociedade das dificultades que esta implica no día a día dos afectados e afectadas por esta doenza neuromuscular dexenerativa e da necesidade de impulsar a investigación.