A deputada de plans provinciais visitou Mazaricos para coñecer os investimentos do Plan Único

Cristina García, estivo acompañada da deputada da comarca, Soledad Agra, nunha xuntanza co alcalde do municipio, Juan Blanco, e o tenente alcalde, Jorge Villar.

Ademais, a deputada puido coñecer algúns dos investimentos planificados para o 2024 que o concello levará a cabo a través do Plan Único. Exemplo disto é a mellora do abastecemento de Santa Baia e a Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) de Pino do Val, entre outras, por un importe de 409.040,41€. Obras que se unen ás xa realizadas, como a consolidación de ruínas da Igrexa de Santa Baia e a Casa da Fábrica, que Cristina García visitou durante a xornada deste luns.

En 2024, o Plan Único destinará 50,5 millóns de euros para toda a provincia, dos cales 1,6 millóns son para a comarca do Xallas, e 685.830,88€ para o concello de Mazaricos.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha