Á dereita non lle saen as contas e alíñanse para as autonómicas

DPM.

En vista de que, segundo varias sondaxes, o PP non conseguiría maioría absoluta de celebrarse agora eleccións autonómicas en Galicia, e escasa ou nula representación en Cataluña e País Vasco, esta semana comezaron os rumores de aliñación da dereita, e a portavoz de Cidadáns no Congreso, Inés Arrimadas, vai propoñer aos órganos do seu partido que a formación laranxa peche acordos «transversais» con outras forzas « constitucionalistas» para concorrer xuntos nas eleccións autonómicas de Cataluña, País Vasco e Galicia, que se celebrarán ao longo deste ano 2020, unhas alianzas das que, de momento, excluíu á ultradereita Vox. Así o anunciou este venres nunha rolda de prensa no Congreso, na que Arrimadas, aspirante nas primarias para presidir o partido «laranxa» no congreso que se celebrará en marzo, concretou que a súa intención é que este asunto se poida «debater e decidir» nunha reunión extraordinaria da dirección do partido que terá lugar a semana que vén.