A derradeira xornada da Liga Infantil nádase este sábado en Carballo


Este sábado á tarde dispútase na Piscina Municipal Carballo Calero de Carballo, a cuarta e derradeira xornada da Liga Galega Infantil no seu Grupo C. A competición levarase a cabo coa presenza de público e cun aforo total dunhas 175 persoas, 70 nadadores-as, 10 técnic@s e delegad@s, 20 membros do xurado e persoal encargado da competición e 75 persoas de público. A xornada desenvolverase nunha soa quenda de quecemento (16:00 a 16:55 horas) e competición (17:00 a 19:00 horas). Para pechar a liga AD Fogar aliña un equipo composto por 21 nadadoras-es, das cales 15 pertencen á categoría feminina e os 6 restantes á masculina. Desta volta medirán as súas forzas c@s representantes dos equipos do CN.Coruña (8), C.Mar (12), S.Casino (7) e CN.Arteixo (23). O programa de probas da xornada inclúe os 100, 400 e 800 libres, os 100 costas, os 200 bolboreta e estilos, os 100 braza e as substitucións dos 4×100 libres mixtos.