«A desconsideración da TVG cara ao teatro é absoluta; ou é incultura ou é censura descarada»

“Por primeira vez na historia dos María Casares, os premios non son retransmitidos pola TVG. Levamos anos pedindo mellores condicións para a emisión, desta vez nin sequera se dignaron a recibirnos”. Mabel Rivera, vicepresidenta da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), criticou con dureza durante a gala a CRTVG, logo das diverxencias que levaron a que a organización decidise que o acto non fose emitido pola televisión pública, á que acusan de non dar resposta ás súas peticións para mellorar a retransmisión e situala “nun horario razoable”. Durante o seu discurso, a actriz ferrolá sinalou tamén a canle por, segundo dixo, “estar cada vez menos á altura da contribución non só do teatro galego, senón de todo o panorama cultural de Galicia”.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha