A deseñadora Sara Lage volve á Mostra de Camariñas con moda nupcial

Vestidos realizados por Sara Lage_Cedida

  • Esta XXX edición da Mostra tamén contará coa participación da marca de accesorios Janet Schulz

A lista de deseñadores e artesáns que participarán este ano na XXX edición da Mostra de Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña segue medrando. Así, a deseñadora Sara Lage e a empresa Janet Schulz únense ao elenco para continuar completando un cartel que sitúa esta cita nunha das máis importantes a nivel internacional.

Lage, máis coñecida como «La reina del Encaje», presentará unha colección de noiva onde a patronaxe, a mestura de teas e o aplique do bordado serán os protagonistas. A deseñadora repite un ano máis coa mesma ilusión e destacando que tanto a vila como o propio encaixe foron un «punto de inflexión para despegar na miña carreira» sendo unha «cita obrigatoria».

Por outra banda tamén destaca a presenza de Janet Shulz, unha marca de accesorios especializada en sombreirería e tocados que naceu co obxectivo de ofrecer «propostas diferentes, elegantes e con personalidade, sen deixar de reflictir nos seus deseños as últimas tendencias da moda nacional e internacional», sinalan desde a organiación da Mostra.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha