A desescalada nos bares terá que esperar

1 minutes read
  • Esta pasada semana quedou constatado que non é certo que os maiores de 80 anos estean todos inmunizados.

Sanidade non quere avanzar moi rápido na desescalada. «Certa prudencia á vista da situación que temos esa tendencia á alta fainos ser conservadores e probablemente estiremos un pouco máis aínda esa diferenza de horarios entre a hostalería ás 21 horas e os restaurantes», asegura García Comesaña.

O titular de Sanidade asegura que a vacinación avanza a bo ritmo. Indicou que os maiores de 80 anos xa están inmunizados. Pero aínda non é de todo certo, así se puido constatar nunha análise feita esta pasada semana. Afirmou o conselleiro que vai moi adiantada a vacinación do colectivo de 70 a 79, que xa comeza esta semana coa segunda dose. E en poucos días será o momento de citar as persoas de 65 a 69 anos. Segundo as previsións da Xunta, este luns recibirán 105.000 doses de Pfizer, 6.000 de AstraZeneca, 14.500 de Moderna e 14.000 de Jansen.