38Ofrenda na confluencia das rúas Vázquez de Parga e Muíño.
Este venres os actos relixiosos deste «atípico» San Xoán tomaron as rúas de Carballo. Á unha media, tras unha nova misa celebrada na igrexa parroquial, a procesión comezou un percorrido desde Martín Herrera pola Jacinto Amigo que incluíu varias paradas nos altares e alfombras florais dispostos para a ocasión, como é tradición, ao longo do traxecto, Gran Vía, Cervantes, Valle Inclán, Vázquez de Parga e regreso. Decenas de veciños acompañaron á comitiva e outros moitos agardábana en cada unha das paradas, onde foi recibida con choiva de pétalos desde os balcóns máis próximos, con música da banda municipal de gaitas e con bombas de palenque.
O alcalde, Evencio Ferrero encabezou a procesión, acompañado do resto de autoridades civís e policiais.A procesión máis importante das festas do San Xoán de Carballo estivo marcada evidentemente por todas as medidas derivadas da pandemia polo covid-19. Houbo menos público do habitual, pero con toda a devoción do mundo.“É día do Santísimo Sacramento. Xesús, con amor bendicindo pasas, deste Carballo todas as súas casas que renova a súa Fe con xuramento. Perdóanos! gritamos con queixume xa que o pobo sinxelo, as súas masas, mentres Ti o camiñar compasas adora o venerable portento. Nas xeracións de outrora, Carballo, si, ás túas plantas rendido, do teu perdón acudía agradecido; este día, os seus descendentes, este ano, recoñecen o ben de Ti recibido, enches, Señor, as nosas vidas de sentido”. Xosé Pumar.