A devoción regresou ás rúas de Carballo coa procesión do Santísimo


Os actos relixiosos do San Xoán tomaron este sábado, por segundo día consecutivo, varias rúas carballesas. Unha vez celebrada a misa na igrexa parroquial, a procesión iniciou o seu percorrido habitual e coas paradas de costume nos altares dispostos para a ocasión, rúa Gran Vía, rúa Cervantes e Vázquez de Parga con rúa Muíño. Centenares de fieis acompañaron á comitiva ao longo de todo o traxecto, a música da banda das Pontes e a choiva de pétalos déronlle ritmo e colorido a unha procesión moi vistosa neste segundo día grande das festas patronais de Carballo.