A dirección do hotel Augusta nega a celebración dunha festa ilegal

A dirección do establecemento emitiu un comunicado no que nega os feitos por tratarse exclusivamente dunha cea sen baile para os clientes aloxados, na que, segundo apuntan, non se incumpiron as normas de seguridade. A propia dirección do hotel lamenta a situación que viviron os seus clientes aloxados esa noite e as circunstancias de control que se levaron a cabo na porta do edificio. Falan dunha cea na que se garantiron todas as medidas de protección contra a covid-19. Nesa cea participaron as 42 persoas que estaban aloxadas e despois dela, non houbo baile nin barra libre. A Policía Local fala dunha vintena de denuncias despois de comprobar a procedencia dos hóspedes.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha