A dirección provincial e comarcal socialista respaldan ao rexedor muxián ante unha denuncia na súa contra

2 minutes read

A dirección provincial e comarcal do PSdeG-PSOE trasladou este domingo o seu apoio sen fisuras ao alcalde de Muxía, Iago Toba, e ao equipo de goberno municipal da localidade tras a denuncia presentada polo PP de Muxía ante a Fiscalía en relación á xestión do Servizo de Asistencia no Fogar (SAF).

Os socialistas lamentan a “falta de apoio” e o “bloqueo constante” do PP ás solucións propostas polo goberno municipal de Iago Toba para que as persoas maiores e dependentes de Muxía podan seguir recibindo a axuda no fogar e as traballadoras do SAF podan seguir cobrando as súas nóminas mentres se tramita a licitación do servizo e lamentan que, en vez de apoiar ou negociar solucións que beneficien ao conxunto co pobo e á plantilla de profesionais do servizo, decidiran unha vez máis tratar de xudicializar a vida política.

Desde o PSOE provincial e comarcal afirman que os populares en Muxía “replican unha vez máis a estratexia do PP de intentar manchar con denuncias a xestión dos socialistas. En vez de buscar solucións aos problemas, dedícanse a xudicializar a vida política para ver se son quen de gañar nos xulgados o que non son capaces de gañar nas urnas. Xa vimos nos últimos anos que esa forma de actuar non da resultados e lles acaba pasando factura”.

Os socialistas consideran que a estratexia do PP pasa por “tratar de deixar a Muxía sen servizo de axuda no fogar, porque entenden que canto peor para Muxía mellor para os intereses políticos PP”, pero advirten que o goberno municipal de Toba “seguirá poñendo os intereses da veciñanza por enriba dos intereses políticos”.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?