Tráfico lembra que en España é imprescindible superar un exame para obter o permiso conducir. Os estranxeiros non comunitarios que xa dispoñan dun, deben trocalo por un español en caso de ser cidadán de países cos que existe un acordo de troco. En caso de non existir acordo de troco co país de orixe, é obrigatorio superar un exame teórico e un práctico.
Ante a proliferación de páxinas na internet que ofrecen obter un permiso de conducir sen necesidade de facer ningún tipo de exame de coñecementos, nin teóricos nin tampouco prácticos, a Dirección Xeral de Tráfico quere alertar á poboación lembrando que esto é do todo imposible.
En España é imprescindible superar un exame para poder ter o permiso conducir ou, para os estranxeiros non comunitarios que xa dispoñan dun, trocalo por un español en caso de ser cidadán de países cos que existe un acordo de troco. Nesta ligazón da DXT pódese comprobar se existe acordo co país de orixe e como debe realizarse o troco.