A DXT impulsará un carné para conducir a partir dos 16 anos

A Dirección Xeral de Tráfico (DXT) promoverá os exames de conducir con coches con cambio automático, esixirá o seguro obrigatorio de responsabilidade civil entre os donos de patinetes, acurtará os prazos de renovación do carné entre os condutores máis maiores e impulsará o novo carné B1 para mozos a partir de 16 anos.

Ese novo permiso para conducir a partir dos 16 anos será para vehículos eléctricos con velocidade máxima de 90 quilómetros por hora e un peso máximo de 400 quilogramos. Ata o de agora estes vehículos só podían conducirse co permiso B, pero con esta medida, que xa se aplica en Francia, preténdese promover os vehículos eléctricos e a mobilidade dos máis novos que non viven en áreas urbanas nas que non hai acceso ao transporte público.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha