A DXT pon en marcha unha nova campaña de vixilancia de motocicletas

A Dirección Xeral de Tráfico (DXT) volve poñer en marcha unha campaña específica nas estradas máis frecuentadas por motoristas co fin de controlar o cumprimento das normas máis importantes que afectan á condución de motocicletas. Ademais, tamén se fai unha especial chamada de atención ao comportamento do resto de usuarios da vía xa que, en ocasións, son eles os causantes dos sinistros de tráfico nos que ven envolvidos os motoristas.

Coa chegada do bo tempo increméntanse os desprazamentos neste tipo de vehículos, especialmente as fins de semana cando estes convértense nunha actividade recreativa en si mesma. Por esta razón é importante lanzar unha mensaxe de prudencia e de respecto ás normas xa que, no que levamos de ano, faleceron 49 motoristas en fins de semana na estrada.

Esta campaña ten por tanto o obxectivo de tentar reducir os sinistros mortais deste tipo de vehículos durante as fins de semana, para o que os axentes da Agrupación de Tráfico da Garda Civil intensificarán a vixilancia e comprobarán que as normas se cumpren. Como cada ano, esta campaña específica para motocicletas volverá levar a cabo a fin de semana do 3-4 de setembro.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha