A DXT reforzará os controis sobre os condutores maiores

1 minutes read

A falta de que a investigación determine que foi o que sucedeu exactamente no atropelo de Vilanova, todo apunta a un erro humano, o dunha condutora octoxenaria que perdeu o control dun coche automático.

Malia que ese tipo de noticias reabren a polémica, cómpre recordar que non hai idade máxima para conducir. Todo depende das capacidades e aptitudes que se demostren no exame psicotécnico.

Os expertos coinciden en non estigmatizar nin xeneralizar coa condución dos maiores, pero si en reforzar os controis. De feito, a DXT xa anunciou que vai reducir a vixencia dos carnés dos maiores de 70, que terán que renovar cada 2 anos e non 5 como ata o de agora.

O 30 % dos falecidos en accidentes de tráfico en Europa teñen máis de 65 anos. En España repítese o dato. Porén, este colectivo adoita asumir menos riscos e incorrer en menos infraccións que os condutores mozos.