A eclipse solar total do vindeiro 12 de agosto protagonista en Fitur

A feira internacional FITUR, en Madrid acollía este xoves a presentación do gran proxecto turístico co que a Deputación da Coruña acode esta semana á feira. Trátase dunha proposta singular que toma como eixo central a eclipse solar total do vindeiro 12 de agosto, pero acompañada dunha visión científica e dunha mensaxe que procura tanto atraer visitas como concienciar. O vicepresidente, Xosé Regueira, puxo en valor a capacidade de atraer visitas do turismo ligado á astronomía, o astroturismo. Fíxoo acompañado de voces autorizadas na materia, como a profesora da USC Begoña Nicolás, docente das áreas de Astronomía e Astrofísica; Yolanda Díaz, presidenta da Asociación de Astroturismo da Costa da Morte; e José Romero, guía especializado en astroturismo da Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas. Os relatores incidiron na importancia de contar con espazos libres de contaminación lumínica para poder admirar este tipo de acontecementos na súa plenitude. Precisamente, a provincia ten dous xeodestinos coa consideración de Destinos Turísticos pola Fundación Starlight, como son A Costa da Morte e As Mariñas coruñesas.

Related posts

Mar e Confraría de Malpica abordan a situación e retos do sector pesqueiro local

Recepción oficial en Carballo ao alumnado do IES Alfredo Brañas que participa no Club de Debate Alingua

Camariñas e Fisterra contarán con vehículos para servizos de Axuda no Fogar financiados pola Deputación da Coruña