A economía española caerá un 9,2 % este ano

Foto.- dpm.

O mes de maio chegou a España acompañado de pésimas noticias para a economía e o emprego. O Goberno estima que este ano se producirá unha brutal caída do produto interior bruto do 9,2 %, prognósticos peores que os do FMI. Ese colapso económico virá acompañado por un importante aumento do paro, que escalará ata o 19 %. Estes datos forman parte do Plan de Estabilidade que España enviou a Bruxelas. Segundo a vicepresidenta económica Nadia Calviño, tras o trompazo, a actividade económica empezará a recuperarse de forma lenta na segunda metade deste ano.

O parón económico debido ao confinamento e ás medidas drásticas para facer fronte á pandemia de coronavirus están a destruír o tecido económico de España. Ademais da brusca caído do PIB e o aumento do paro, espérase que o déficit público pase do 2,8 % en 2019 ao 10,3 % este ano debido a unha caída dos ingresos públicos de 25.000 millóns de euros, así como un incremento de 10 puntos do gasto público. En canto á débeda pública, pasará do 96 % a máis de 115,7 %.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha