A economía española en perigo polo confinamento doutros países

1 minutes read

A decisión do Reino Unido de recomendar non viaxar a España caeu como un mazazo no sector turístico xusto cando comezaba a levantar cabeza. O sector estima que as corentenas e as recomendacións doutros países de non viaxar a España poñen en risco case 9.000 millóns de euros. O Goberno negociou con Londres para tentar salvar polo menos os arquipélagos, pero o final tampouco se salvaron. O ano pasado, visitaron España 18 millóns de británicos. Deixando preto de 18.000 millóns de euros, un maná que se corta cando o sector máis o necesitaba. Os hoteleiros canarios propoñen unha alternativa ás corentenas decretadas por Londres: ofrécense a sufragar probas de coronavirus aos turistas británicos o día da súa volta á casa.