43
Son datos do Foro Económico de Galicia, que fala dun shock sen precedentes. No primeiro trimestre, o PIB galego derrubouse un 3,6 por cento e, segundo os expertos, seguirá caendo no segundo, pero menos que no conxunto de España. O peor comportamento debido ás restricións na actividade económica rexistrouse na matriculación de vehículos, nos hoteis e no consumo do gasóleo e a gasolina. Os tres sectores caeron por riba do 70 por cento.