A élite do surf mundial dase cita esta semana en Pantín

1 minutes read

A praia de Pantín, en Valdoviño, acolle dende este martes a trixésimo primeira edición do Pantín Classic-Abanca Galicia Surf Pro, o campionato de surf máis antigo e internacional de cantos se celebran en España, que ademáis forma parte do circuíto da World Surf League (WSL), o que fai que durante esta semana a comarca de Ferrolterra reciba a algunhas das principais estrelas do surf procedentes dos cinco continentes e a miles de visitantes que se achegan a esta praia para seguir en vivo as evolucións dos seus ídolos sobre as ondas do Atlántico.

O evento foi presentado este martes nun acto que contou coa asistencia do conselleiro de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, Román Rodríguez; o alcalde de Valdoviño, Alberto González, e a deputada provincial responsable da área de Benestar Social e Educación, Ana Lamas Villar, entre outras autoridades e representantes das diferentes marcas comerciais que patrocinan o evento.