Rodica Radian-Gordon, vai regresar a Madrid a principios da próxima semana tras constatar o Executivo de Benjamin Netanyahu “un cambio a mellor” nas mensaxes do Goberno español respecto ao conflito na Franxa de Gaza, segundo anunciou o Ministerio de Exteriores israelí nun comunicado. Israel pretende que Rodica poida continuar a súa actividade para lograr apoios ao dereito de Israel a protexer aos seus cidadáns fronte a Hamás e presión internacional para a consecución da liberación dos reféns aínda en mans do grupo terrorista na Franxa, explicou Exteriores. Lembramos que a embaixadora israelí foi chamada a consultas o pasado 30 de novembro tras unhas declaracións nunha entrevista en TVE do presidente do Gobierno, Pedro Sánchez, nas que cuestionaba que Israel estivese a respectar o Dereito Internacional Humanitario na súa ofensiva militar en Gaza en resposta ao ataque terrorista de Hamás do 7 de outubro.
21