A empresa Dia anuncia 2.100 despedimentos logo de perdas millonarias

1 minutes read

Estes despedimentos forman parte do plan estratéxico 2018-2023 bautizado como “O novo Dia” co que o grupo pretende saír á frote. Neste plan a dirección de Dia leva meses traballando. Supostamente íase a presentar o pasado outono, pero foise atrasando a data polos cambios que houbo na cúpula e porque as fortes caídas bolsistas da empresa non daban tregua. Dia pecha o ano cun patrimonio negativo de 166 millóns de euros. A débeda neta da compañía alcanza xa os 1.452 millóns de euros, 506 millóns de euros máis que ao peche de 2017. O 2018 “foi un ano turbulento para DIA, probablemente o máis difícil desde a fundación da compañía hai máis de 40 anos.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?