A empresa que explota o encoro do Eume terá que facerse cargo dos gastos da emerxencia do río


A empresa que explota o encoro do Eume terá que facerse cargo dos gastos derivados da emerxencia do río e do abastecemento de Pontedeume. Así se lle trasladou na reunión da Comisión de Seguimento da situación, que se celebrou por videoconferencia, e na que se avaliou a turbidez da auga do río Eume e do abastecemento. A Consellería de Sanidade levantou as restricións sobre o consumo de auga do abastecemento. Tras a reunión, a directora de Augas de Galicia desprazouse ata Pontedeume para supervisar, sobre o terreo, os traballos que se están a realizar na zona de captación de abastecemento de auga do río Eume e na estación de tratamento de auga potable municipal. O uso da auga quedara limitado desde o pasado 10 de outubro a tarefas domésticas de limpeza ou lavado persoal.