A Escola Basket Xiria abre o prazo de inscrición para o ‘9º Día do Pequebasket’

1 minutes read

A Escola Basket Xiria espera volver a reunir o 17 de maio en Carballo a centos de nenas e nenos de 5 a 8 anos de idade, que gozarán xunto ás súas familias dunha xornada de deporte, cultura, xogos e diversión. Ao mesmo tempo que seguen a chegar solicitudes de información de novos clubs que nunca participaron, o equipo organizador deste «9ª Día do Pequebasquet» avanza na programación dos distintos apartados da actividade, que ten un marcado carácter familiar e que supón, ao mesmo tempo, unha homenaxe do baloncesto carballés ao Día das Letras Galegas. O prazo de inscrición rematará o martes día 2 de Maio e as solicitudes tramitaranse directamente dende o seguinte enlace: bit.ly/InscricionDIAPEQUEBASKET2023. Dende a organización, Escola Basket Xiria, facilítanse os seguintes contactos para información e dúbidas, e tamén para resolver calquera aclaración contactando con: 607 847 925 (Arturo Ferraces) ou 607 847 924 (Whatsapp Basket Xiria).