A Escola Basket Xiria apraza o Pequebasket

Foto.- EBX.

Tras reunirse por videoconferencia polas medidas excepcionais de confinamento que actualmente estamos a vivir, para facer fronte ao impacto económico, laboral, social e deportivo derivado da crise sanitaria do Coronavirus COVID-19, a Xunta Directiva da Escola Basket Xiria, tomou a decisión de aprazar a 8ª edición do Día Autonómico do Pequebasket, que se ía a celebrar o vindeiro 17 de maio. Recordar que nesta actividade xúntanse preto de 700 participantes de toda Galicia con idades comprendidas de entre 4 e 8 anos de idade, para celebrar un día de deporte, amizade, xogos e diversión, acompañados na maior parte polas súas familias. Dende a organización afirman que «esta medida do aprazamento non é do noso agrado, pero é a única posible actualmente, esperando poder facer todo o posible para que a celebración poida ser máis adiante «.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha