A escola infantil da Laracha estrea novos xogos

1 minutes read
  • Nas próximas datas renovaranse os xogos do parque Maximino Canedo

A escola infantil A Galiña Azul da Laracha contará nos próximos días con novos xogos infantís para uso e disfrute dos nenos durante o horario de actividade do centro.

O alcalde, José Manuel López Varela, e a concelleira de Servizos Sociais, Rocío López, acudiron á escola infantil para, xunto á directora, coñecer persoalmente o resultado dos traballos que se están a levar a cabo.

A actuación que se está a levar a cabo na escola infantil A Galiña Azul forma parte do plan municipal de renovación de parques infantís que tamén contempla unha ampla actuación no parque Maximino Canedo da capital municipal. O investimento total entre ambos proxectos sitúase en torno aos 40.000 euros.