A Escola infantil de Senra no concello de Oroso estrea cuberta

1 minutes read

Substituíuse tanto o material de cobertura como a estrutura de soporte e colocouse un novo tellado de panel sándwich de aceiro galvanizado apoiado sobre perfís metálicos. Tamén se instalaron canlóns de aluminio nas fachadas principal e traseira, así como baixantes de aluminio. A maiores, demoleuse o voo sobre a entrada, que provocaba filtracións, e recolocouse a ventá sobre o novo cerramento. Esta obra enmárcase nun convenio asinado a comezos de ano co Concello e finánciase na súa totalidade coa achega de 31.000 euros do Goberno galego. A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, supervisou a conclusión dos traballos realizados.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?