- A Deputación da coruña valorou o seu proxecto de Educación Infantil «As maletas viaxeiras»
A Escola Infantil Municipal de Monte Alto logrou o premio «Concepción Arenal» da Deputación da Coruña na modalidade de Educación Infantil, co seu proxecto «As maletas viaxeiras pola igualdade de xénero». Outro centro da Coruña, o CEIP Sanjurjo de Carricarte, e o IES Universidade Laboral de Culleredo proclamáronse gañadores nas modalidades de Educación Primaria e de Secundaria, respectivamente.
Os premios están dotados con 5.000 € en cada unha das modalidades.
«As maletas viaxeiras» pola igualdade de xénero é unha experiencia que se leva realizando desde fai tres anos na EIM Monte Alto. Con este proxecto, desde a escola preténdese reflexionar sobras as actuacións, linguaxes e emocións que os adultos acompañantes dos nenos e nenas, tanto en casa como na escola, transmiten en relación á igualdade de xénero.