A Escola Municipal de Música de Laxe abriu o prazo de inscrición para o curso 23/24

1 minutes read

O Concello de Laxe abriu o prazo de inscrición para a Escola Municipal de Música para o curso 2023/2024, que dará comezo na última semana de outubro.

A folla de matrícula poderá cubrirse na Aula de Música municipal, en horario de 10:00 a 14:00 horas, ata o vindeiro venres 20 de outubro. Poderán inscribirse todas aquelas persoas interesadas maiores de cinco anos.

Ofreceranse, de maneira completamente gratuíta, clases nas seguintes modalidades: canto (voz), guitarra, piano, acordeón, frauta, percusión e linguaxe musical.

As persoas interesadas poderán consultar toda a información consultando nos teléfonos 981 70 69 03 ou 881 045 854 ou a través do correo electrónico cultura@concellodelaxe.com.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?