41
A autora malpicá Virginia Sande Pose presenta este sábado 8 de novembro, ás 19.00 horas, o seu novo poemario titulado Ser humana. O acto terá lugar no salón de actos da Casa do Pescador de Malpica e contará coa presentación a cargo de Amanda Plaza. O evento está organizado polo Concello de Malpica de Bergantiños e conta coa colaboración da Deputación da Coruña. Trátase dunha cita destacada dentro da programación cultural do outono malpicán.