A estación de autobuses de A Coruña reabre ao público este luns

1 minutes read
  • Os cemiterios municipais recuperan o seu horario habitual, das 9.00 ás 18.00 h

A Estación de Autobuses reabre este luns 18 ao público no seu horario habitual e cun percorrido de seguridade para o tránsito das persoas dentro da terminal, aínda que as compañías de autobuses continúan con horarios reducidos nos seus servizos.

O goberno local tamén informou de que os cemiterios municipais tamén recuperan o seu horario habitual para visitas, de luns a venres de 9.00 ás 18.00 h.

En canto ás oficinas de atención presencial do concello, reabrirán ao público con boa parte do persoal. Non se incorporarán os colectivos considerados vulnerables (con patoloxías previas, mulleres embarazas ou persoas maiores de 60 anos), que seguirán teletraballando, nin se cubrirán todos os postos de atención ao público, para garantir así unha distancia mínima de seguridade entre as traballadoras e traballadores municipais. Todos eles contarán con equipos de protección individual compostos por luvas, máscara e pantalla, ademais de hidroxel, en cada punto de atención.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?