A estación de autobuses de Vigo abrirá o 17 de decembro

Segundo informou a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, o Goberno galego está en disposición de poñer en funcionamento a nova infraestrutura intermodal de Urzaiz en canto rematen os traballos municipais do elevador que taponan os accesos e unha vez o Ministerio de Transportes dea as autorizacións pertinentes. Fernández-Tapias explicou que durante a xuntanza convocada para este martes pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade para tratar sobre a estación, o Concello informou de que non podería abrir o túnel de Lepanto ata o 12 de decembro e que seguía á espera de que o ministerio dea os seus permisos.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha