A Esteirana fixo máis méritos que o seu rival, o Cabana, e acabou levándose o trofeo vencedor da LVI edición da Copa dá Costa en O Conco de Dumbria cun resultado de 4-0.
Máis de 1.400 persoas déronse cita para ver unha final que non defraudou, aínda que cun Esteirana moi enchufado no partido e moi superior aos de Cabana. Entre as autoridades que presidiron o encontro estaba tamén Rafael Louzán, máximo dirixente da Federación Galega de Fútbol.