A Estrada acolle dous cursos sobre as propiedades do aceite de oliva virxe extra

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), organiza na localidade pontevedresa da Estrada dous cursos sobre o aceite de oliva virxe extra (AOVE). Un deles centrarase nas catas do produto mentres o segundo xirará arredor das diferentes estratexias de venda posibles.
Ambas iniciativas constan de 20 horas de formación e está previsto que se desenvolvan entre o vindeiro sábado 11 de setembro e o domingo 19 no Novo Mercado da Estrada. Cómpre apuntar que están dirixidas en xeral a calquera persoa vinculada profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandaría, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, así como a mozos e mozas do medio rural galego e a persoas con expectativas de incorporación ao sector.


No caso do curso de cata de AOVE, está programado en horario de tarde e establece como principais obxectivos aprender e coñecer as propiedades destes aceites de oliva.

Sobre a acción centrada nas estratexias de comercialización do AOVE, que está prevista en horario de mañá, a finalidade é coñecer as técnicas de posicionamento, plans estratéxicos e experiencias sobre a venda do aceite de oliva virxe extra no sector gourmet. 

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha