Executarase unha peonil pola marxe esquerda da vía, co fin de mellorar a accesibilidade e o tránsito peonil no treito comprendido entre os puntos quilométricos 2,8 e o 3. A senda permitirá conectar as beirarrúas actuais dos núcleos das Barxas e de Sobral.
A nova senda será de tipoloxía de cuneta tendida transitable, cun ancho de entre 1,5 e 2 metros, segundo a dispoñibilidade de espazo. Para alcanzar este ancho, nalgúns tramos concretos será necesario escavar os desmontes existentes, coa mesma inclinación que o actual noiro.
A senda realizarase en pavimento de formigón, con espesor de 12 centímetros e armado de mallazo, disposto sobre unha capa de chan seleccionado de 20 centímetros de espesor.
No quilómetro 2+980 da vía hai unha fonte catalogada como elemento patrimonial etnográfico. A senda discorrerá entre o pavimento actual de laxas de pedra da fonte e a plataforma da estrada, pero neste punto substituirase o formigón por pavimento de laxas de granito moreno, similares ás do pavimento da fonte.
Será necesario rasantear as tapas de rexistro da rede de saneamento e o retranqueo dun poste da rede de iluminación.
No treito de actuación tamén existe un pontón. Para salvar o seu paso, prevese no futuro dispoñer unha pasarela peonil que poida salvar este punto.