A estrada DP 1904 de Berdillo a Moucho, contará cun novo firme

A Deputación da Coruña vén de sacar a licitación, cun orzamento de 282.525,18 euros, as obras de renovación do firme da estrada DP1904 de Berdillo a Moucho, no termo municipal de Carballo.

A actuación prevista estenderase entre os puntos quilométricos 0+000 e 2+450 e comezará coa limpeza de arcéns, cunetas e taxeas en ambas marxes e o fresado e reparación das zonas que presentan gretas ou fochancas cun tratamento superficial.

Posteriormente procederase á pavimentación de todo o tramo con mestura asfáltica en quente de 6 cm de espesor en todo o ancho da calzada, o recrecido dos sumidoiros e a renovación da sinalización horizontal e vertical.

O prazo de execución será de catro meses a partir do inicio das obras.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha