Así o acordou o pleno da Deputación da Coruña, que aprobou este luns, por unanimidade de todos os grupos políticos, investimentos por importe de 1.107.980 euros para a mellora da seguridade viaria en estradas provinciais dos concellos de Pontedeume, Dumbría e Outes.
En Dumbría, a Deputación investirá 377.588,41 euros para rematar as obras de mellora da seguridade viaria na DP 3402 de Bustelo a Caberta por Salgueiros. As obras suporán o ensanche e acondicionamento do vial, dotándoo de carrís de tres metros de ancho e beiravías laterais, así como beirarrúas de baldosa hidráulica de dous metros de ancho en varios tramos e zonas de estacionamento para vehículos. O proxecto inclúe tamén a construción de rede de recollida de pluviais e canalización do alumeado público.