As intervencións proxectadas inclúen a execución de redutores de velocidade, a elevación dun paso de peóns e a instalación de semáforos. Será co obxectivo de reforzar a seguridade dos peóns na contorna do centro escolar e das vivendas existentes na zona.
Máis en detalle, disporanse redutores de velocidade de tipo “lombo de asno” e unha banda transversal de alerta, entre os puntos quilométricos 0+100 e 0+500, coa finalidade de manter unha velocidade reducida de circulación ao longo do tramo.
Ditos redutores situaranse nos puntos da PO-214: 0+115, 0+180, 0+260 e 0+450. Ademais executarase unha banda transversal de alerta, con resaltos, no carril esquerdo do punto quilométrico 0+465, para alertar ao condutor que se aproxima a unha zona onde deberá diminuír a velocidade e incrementar a atención á vía.
No marco da intervención inclúese, tamén, a elevación e a protección do paso para peóns situado no punto quilométrico 0+140.
No punto quilométrico 0+350 instalaranse cinco grupos semafóricos para a regulación do tráfico no cruzamento co obxectivo de mellorar a visibilidade no mesmo e facilitar a incorporación dos automóbiles á estrada PO-214, evitando o risco para peóns e vehículos. A iluminación dos semáforos será mediante tecnoloxía LED.