41
A Deputación da Coruña vén de adxudicar á empresa Noega Ingenieros a redacción dun proxecto técnico para a mellora da seguridade viaria na ponte sobre o rego do Castro, na estrada provincial DP 2104 que conecta Carral con Meirama.
Segundo explicou o deputado responsable da área de Vías e Obras, José Manuel Pequeño, o proxecto pretende solucionar os problemas de seguridade existentes neste tramo, xa que a ponte actual consta dunha curva de radio moi reducido (apenas 20 metros) e só 4 metros de ancho, o que provoca dificultades no cruce de vehículos, especialmente con aqueles de maior tamaño, que deben axustar a súa traxectoria ao escaso espazo dispoñible entre os peitorís da ponte.