A estudo a humanización do campo da feira de Mesón do Vento

A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, mantiveron un encontro no que abordaron distintas posibilidades para realizar obras de humanización na contorna do campo da feira de Mesón do Vento coas que mellorar tamén os itinerarios peonís da zona. Avaliaron o establecemento dunha posible colaboración entre as dúas administracións coa finalidade de executar distintas actuacións na parroquia de Ardemil para mellorar a imaxe e os servizos aos veciños nas proximidades do campo da feira. De feito, a proposta do concello inclúe a construción dun parque biosaudable co que favorecer que os veciños da localidade poidan practicar deporte ao aire libre e ter hábitos de vida máis saudables.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha