A deputada de Vías e Obras, Mónica Rodríguez, acompañado do alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis, e de persoal técnico do departamento provincial de estradas e do equipo encargado da redacción do proxecto supervisou a zona da ponte de Barbanzán para coñecer in situ as diferentes alternativas que se contemplan para ampliar a estrada nesta zona, onde a vía se estreita notablemente, e ocasiona un problema de seguridade.
Mónica Rodríguez lembrou que a Deputación executou nos últimos anos un investimento de máis de 2,5 millóns de euros para a ampliación e mellora da estrada nos seus primeiros oito quilómetros (as obras da segunda fase están practicamente rematadas neste momento) e pretende agora «completar o traballo eliminado o estreito paso da ponte sobre o río Corzán para que a vía teña neste tramo as mesmas características de anchura e seguridade que no resto».
«Estamos valorando a mellor opción posible desde o punto de vista técnico e económico co equipo redactor do proxecto. O noso obxectivo é completar a actuación cunha mellora integral da seguridade ao longo de todo o vial, para o que é preciso construir unha nova ponte», afirmou a deputada.