A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, subliñou este mércores que as autoestradas de titularidade autonómica, entre as que se atopa a autoestrada A Coruña-Carballo (AG-55) é unha das máis baratas de España. Lembrou que a comezos de ano as autoestradas autonómicas rexistraron unha baixada do prezo das peaxes en varios treitos, 5 céntimos, manténdose estable no resto, como consecuencia da evolución do IPC. Ademais a Xunta vén aplicando descontos nas tarifas, tanto para os usuarios frecuentes como bonificacións en horario nocturno. Ethel Vázquez salienta que a Xunta estuda varias opcións para que as familias numerosas teñan descontos na autoestrada A Coruña-Carballo, así como na do Val Miñor, sendo a Comunidade pioneira na aplicación desta medida.