A estudo polo Supremo o peche de Reganosa

A Sala do Contencioso-Administrativo do Supremo vén de admitir a trámite un incidente de nulidade de actuacións da Asociación de Veciños O Cruceiro de Mehá contra a sentenza desa sala que en xullo anulou un Acordo do Consello de Ministros de maio de 2016 polo que o Goberno de Mariano Rajoy librou ao proxecto do trámite completo de avaliación de impacto ambiental pola vía exprés. Esa sentenza tumbou a vía que escolleu Rajoy, daquela en funcións, para tentar axilizar a obtención de dúas autorizacións administrativas á planta que anulou o Supremo en 2016; pero na súa última resolución o Alto Tribunal rexeitou clausurar a instalación co argumento de que «será no trámite de execución» das súas resolucións cando se decida sobre este asunto. Agora, volverá pronunciarse, nun trámite que adoita resolverse no prazo de entre dous e catro meses.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha