A Eurocámara abre as portas a Puigemont e Comín

O Parlamento Europeo levantou este xoves o veto que lle mantiña ao expresidente da Generalitat de Cataluña, Carles Puigdemont e o exconseller Toni Comín, a quen se lle prohibiu a entrada no recinto da institución desde a reactivación da euroorden de detención e entrega cursada polo xuíz Pablo Llarena.

Desde Bruxelas, Puigdemont reaccionaba así á noticia: “É unha decisión histórica, o Tribunal de Xustiza da Unión Europea reforza os valores fundacionais da Unión ante os intentos do anterior Parlamento Europeo de impedir o noso acceso de maneira inaceptable e vergoñosa rendéndose aos intereses políticos e partidistas do Estado español”.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha