A ex-conselleira Beatriz Mato ficha por Greenalia aos dous meses de deixar a política

1 minutes read

Segundo confirmou a empresa de renovables nun comunicado, a ex-conselleira de Medio Ambiente incorpórase á compañía que axiña inaugurará a súa planta de biomasa de Curtis, unha das máis grandes do Estado e un dos seus grandes proxectos, unha iniciativa que xurdiu con polémica logo de que en decembro de 2016 a Xunta ampliase, na lei de acompañamento dos Orzamentos, de 10 a 50 MW o límite destas plantas de biomasa.

Greenalia destaca que o labor de Beatriz Mato será “a posta en marcha da estratexia de responsabilidade social corporativa da empresa” coa que a “quere dar un paso máis na responsabilidade e implicación coa súa contorna, tanto no ámbito social e ambiental como de bo goberno corporativo”. 

Beatriz Mato, conselleira de Medio Ambiente entre 2015 e 2018, e logo de ocupar a carteira de Traballo tamén na Xunta, deixou a política no pasado mes de decembro logo de que a súa forte aposta pola alcaldía da Coruña fracasase ao non lograr superar a ampla maioría progresista da cidade nas últimas eleccións locais. 

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?