Oficial | A Executiva Provincial do PSdeG expulsa do partido a 5 concelleiros de Ponteceso

Imaxe de arquivo dos díscolos de Ponteceso, co alcalde (4º pola dereita) Lois García Carballido

Era un segredo a voces, pero ata o de agora non era oficial. Agora sí, na xuntanza celebrada esta pasada semana pola Organización da Comisión Executiva Provincial do PSdeG-PSOE da Coruña certifícase a expulsión do Grupo Municipal Socialista de Ponteceso, dos concelleiros en desacordo coa xestión do alcalde, Lois García Carballido. Segundo o previsto, tras as discrepancias surxidas meses atrás, cinco son as persoas que recibiron correctamente a notificación certificada da súa expulsión do PSOE:

  • Raquel Fondo Pérez
  • Ana Pérez Imia
  • Faustino Santiago Lema
  • Miguel Ángel González Gómez
  • Salvador Eiroa Ameijenda

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha