Entre aplausos, e coa presenza da alcaldesa, Sandra Insua, doutros membros do goberno local e de veciños e veciñas, partiron desde a praza da Insuela cara La Turballe os ciclistas que se sumaron á iniciativa organizada polo Concello de Camariñas e o club ciclista PC Baikers do Vilán para continuar fortalecendo as relacións coa vila irmá francesa.
Este, xoves 24 de agosto, percorreron a primeira etapa, de 143 quilómetros, que os levou ata Melide. En total os ciclistas, entre os que se atopa o concelleiro de Deportes, Fabián Canosa, completarán 1.552 quilómetros ata a súa chegada a La Turballe, prevista para o 1 de setembro.
As etapas son nove: Camariñas-Melide (142 quilómetros), Melide-Villafranca del Bierzo (129 quilómetros), Villafranca del Bierzo-León (128 quilómetros), León-Burgos (191 quilómetros), Burgos-Elgoibar (181 quilómetros), Elgoibar-Mimizan (218 quilómetros), Mimizan-Royan (196 quilómetros), Royan-Jard Sur Mer (179 quilómetros), Jard Sur Mar-La Turballe (187 quilómetros).