A explosión das rodas dun camión en Cerceda queima o vehículo por completo

Un camión articulado que transportaba filtros e bidóns de aceite comezou a arder despois de explotarlle as rodas cando circulaba pola AC-400, á altura do punto quilométrico 20 do lugar da Cortella, en Cerceda. Afortunadamente, o condutor puido saír do vehículo e realizar as primeiras tarefas de extinción para atallar as chamas.

O suceso produciuse ao mediodía deste xoves, varios particulares chamaron ao 112 Galicia para informar do suceso. Indicaban que se escoitaron varias explosións moi fortes e que se apreciaba fume moi negro pola zona da Cortella. Desde o 112 Galicia púxose en marcha un operativo formado polos Bombeiros de Ordes, Garda Civil de Tráfico, Policía Local e efectivos de Protección Civil da localidade.

Nada máis chegar ao lugar, os axentes de Tráfico comunicaron ao 112 Galicia que se trataba dun incendio nun camión ao que lle explotaran as rodas, o que provocou que se incendiase. Así mesmo, indicaron que a causa do incidente había aceite derramado pola estrada. Os bombeiros indicaron que debido aos materiais que transportaba o camión, o lume reproducíase cada certo tempo. A plataforma do vehículo ardeu por completo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha