A explosión nun taller de coches fai saltar as alarmas no centro de Santiago

1 minutes read

Unha explosión nun taller de coches alarmou este venres aos veciños da rúa Doutor Teixeiro de Santiago. A continuación, un coche empezou a arder no interior do establecemento. O suceso ocorreu ás seis menos vinte da tarde deste venres. Os bombeiros desprazados á zona puideron sufocar as lapas e comprobar que non houbo ningunha persoa ferida polo sinistro, aínda que dous traballadores estaban nese momento no interior do local pero afortunadamente resultaron ilesos. O concelleiro de Mobilidade indicou que non hai cheiro de gas nin tampouco puntos térmicos que indiquen a orixe da explosión. Fontes da investigación que a explosión puido ter a orixe nun compresor. Pero levará tempo esclarecer o acontecido. A policía investiga agora as causas do incidente. O sinistro deixou cuantiosos danos materiais. O teito da parte traseira do local derrubouse sobre varios coches e unha porta do local saíu disparada. A explosión tamén provocou a rotura de cristais tanto no local afectado coma noutros baixos próximos.