- A mostra poderase visitar até o 1 de decembro no horario de apertura da Casa da Cultura
O pasado venres 27, a alcaldesa de Vimianzo, xunto coa Concelleira de Cultura e membros do Colectivo Miolos, inauguraron a exposición Bululú na Sala de Exposicións Antón Mouzo.
O Bululú foi un actor solitario ou comediante español que viaxaba a pé, de cidade en cidade, facendo pequenas representacións, interpretando todos os personaxes que aparecían na historia e a maleta era a súa única pertenza de gran valor, onde levaban todo o que necesitaban para caracterizarse e vivir.
A Mostra do Bululú poderá verse grazas ó Colectivo Miolos, integrado por ilustradores carballeses con gran traxectoria profesional como Milagros Cotelo, Santiago Picos Díaz, Cristina Castro e Mon Lendoiro. Estes uniron a súa creatividade nesta exposición na que conflúen a pintura, a literatura e o teatro nunha performance unidas entre sí grazas o elemento da maleta e do Bululú particular caracterizado pola actriz Carmen Cotelo que coñeceremos o sábado 9 de novembro as 21:15h.
A mostra poderase visitar até o 1 de decembro no horario de apertura da Casa da Cultura. A entrada é de balde.